PATRIMONIO PONTÉS CLXXII

40 ANOS DO MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO” (II)

O día 30 de marzo de 2019, inaugurábase o Museo Etnográfico “Monte Caxado” na súa nova se da Praza da Igrexa, coa asistencia ao acto de numeroso público, entre o que se atopa o Sr. Alcalde, D. Valentín González Formoso, que non tomou parte no acto por estar en período electoral, e coa participación e colaboración no mesmo de D. Narciso Luaces Pardo (Director do Museo Etnográfico de Meixido-Ortigueira), D. Felipe Senén Barro (Historiador e arqueólogo), D. Secundino García Mera (Director do Museo Etnográfico de A Capela) e eu mesmo.


O museo abríase con algo máis dunhas 3.000 pezas, hoxe andaremos sobre as 4.000 expostas. Están distribuídas en seccións do seguinte xeito: na planta baixa, escola e xoguete, aseo, emigración, documentación e o agro; escaleiras, selos, moedas e billetes, postais, reloxo, serrachíns, caza, pesca, forno e armas; planta alta, relixión e crenzas, roupa de vestir, tear, maquinaria, zapateiros, zoqueiros, electricidade, fontanería, ferradores, fundidores, carpinteiros, ferreiros, mineiros, latoeiros, canteiros, cesteiros, cociña, vaixela, vida cotiá e música.


Seccións que iremos vendo nestas publicacións e coñecendo aspectos destacados de cada unha.

Texto e fotos aportados por Xose María López Ferro, Cronista Oficial do Concello de As Pontes e director do Museo Etnográfico Monte Caxado, a quen agradecemos a sua colaboración desinteresada

Deja un comentario