Hoxe imos a falar da curiosa cruz que se atopa na fachada da Igrexa de Somede.
CRUZ LABRADA NA FACHADA DA IGREXA DE SOMEDE

A Igrexa de Somede, según reza nunha inscrición en pedra na parte superior da porta de acceso, concretamente no lintel da mesma, é do ano 1.899. Concretamente enriba desta pedra, sobresae outra, tamén con inscrición e no medio unha cruz labrada. O texto da inscrición dí: “IGLESIA. PARROQUIAL + DE. SAN. MAMEZ” E na outra pedra como xa dixen:
“AÑO.DE.1899”. Mais o que nos interesa é a cruz, que está situada entre as palabras PARROQUIAL e DE. Trátase dunha cruz pequena, labrada como se fose unida á mesma pedra da inscrición e, ao mesmo tempo, coma se a partise pola metade; pois só está unida a ela na parte superior.
Trátase dunha cruz algo curiosa, a parte inferior é bilobulada, coma se tivese un pedestal formado por dous lóbulos. Os brazos, aínda que semellan iguais (cruz grega), non o son, pois os horizontais están labrados cono se fosen frorenzados e o superior recto, e unido á parte superior da pedra. Curiosamente na parte superior, sobresae por riba da pedra, como unha semicoroa feita en pedra, ou un pequeno arco.
Texto e fotos aportados por Xose María López Ferro, Cronista Oficial do Concello de As Pontes e director do Museo Etnográfico Monte Caxado, a quen agradecemos a sua colaboración desinteresada
