Situámonos hoxe no lugar do Caneiro, concretamente na zona de lecer alí existente, a carón do río Eume, ao seu paso por este lugar. Neste sitio, no seu día, ademais do refuxio, grellas para o churrasco, fonte, hórreo… puxeron tamén unha cruz.
CRUZ DO CANEIRO

Situada no lugar do Caneiro, concretamente no lugar de lecer e descanso ou área recreativa, na parte dereita segundo se chega a dito lugar.
Non é, supoño, a súa situación orixinal, xa que deberon de poñela alí cando se creou dita área en plan ornamental.
É unha cruz mediana, de brazos case iguais e situada enriba dunha base semellante a un paralelepípedo rectangular, aínda que con entrantes e saíntes nas cara laterais.
A cruz está feita con pedra de ollo de sapo a a base é granítica.
Posiblemente a súa situaación fose no lugar do Vilar, hoxe desaparecido coa mina e posteriormente o lago, e que viñese das expropiacións.
Ao non coñecer a súa orixe, tamén descoñezo a súa historia de desgracia.
Texto e fotos aportados por Xose María López Ferro, Cronista Oficial do Concello de As Pontes e director do Museo Etnográfico Monte Caxado, a quen agradecemos a sua colaboración desinteresada
